Resolución da Comisión designada no procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario pola que se modifica a resolución do 7 de marzo 2023

Mér, 08/03/2023 - 11:50

Xúntase a Resolución do 8 de marzo de 2023 da Comisión designada no procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A) pola que se modifica a resolución do 7 de marzo de 2023 na que se aproba e publica a relación provisional de persoas que se propoñen para a súa integración no corpo de profesores de ensino secundario así como daquelas que se exclúen provisionalmente

O persoal interesado poderá presentar reclamación á resolución provisional obrigatoriamente por medios electrónicos no prazo comprendido entre o día 9 de marzo ata o 22 de marzo de 2023, ambos incluídos, do seguinte xeito

a) Aquelas persoas que presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) unha solicitude de participación no procedemento ED021A, para formular a dita reclamación deberán acceder ao dito procedemento e seleccionar o trámite "alegacións" e no campo de alegacións do documento sinalar Resolución provisional do 7 de marzo de 2023 e especificar o anexo correspondente, anexo I, II, III, IV e V segundo proceda.

b) Para aquelas persoas que non presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia unha solicitude no procedemento ED021A, para formular a dita reclamación deberán acceder a dita sede electrónica (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A e no dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

- No campo código de procedemento: ED021A

-No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN Resolución provisional de 7 de marzo de 2023 e especificar o anexo correspondente, anexo I, II, III, IV e V segundo proceda.

-No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.