Resolución da Comisión designada no procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario pola que se modifica a resolución do 7 de marzo 2023 [1]
Enviado por administrador a Mér, 08/03/2023 - 11:50Xúntase a Resolución do 8 de marzo de 2023 da Comisión designada no procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A) pola que se modifica a resolución do 7 de marzo de 2023 na que se aproba e publica a relación provisional de persoas que se propoñen para a súa integración no corpo de profesores de ensino secundario así como daquelas que se exclúen provisionalmente
O persoal interesado poderá presentar reclamación á resolución provisional obrigatoriamente por medios electrónicos no prazo comprendido entre o día 9 de marzo ata o 22 de marzo de 2023, ambos incluídos, do seguinte xeito
a) Aquelas persoas que presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]) unha solicitude de participación no procedemento ED021A, para formular a dita reclamación deberán acceder ao dito procedemento e seleccionar o trámite "alegacións" e no campo de alegacións do documento sinalar Resolución provisional do 7 de marzo de 2023 e especificar o anexo correspondente, anexo I, II, III, IV e V segundo proceda.
b) Para aquelas persoas que non presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia unha solicitude no procedemento ED021A, para formular a dita reclamación deberán acceder a dita sede electrónica (https://sede.xunta.gal [2]), a través do procedemento PR004A e no dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
- No campo código de procedemento: ED021A
-No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN Resolución provisional de 7 de marzo de 2023 e especificar o anexo correspondente, anexo I, II, III, IV e V segundo proceda.
-No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
File: