L2201017 - Como reducir o estrés na aula
Os próximos meses de abril e maio, o CFR Lugo axúdache a baixar pulsacións na túa actividade docente. O curso L2201017 - Como reducir o estrés na aula, de 20 horas de duración, é unha boa oportunidade para cambiar certas situacións de tensión do día a día co noso alumnado e compañeiros.
Para cumprir con este obxectivo, contaremos con relatores de nivel como son os casos de Anxo Fariña, Mercedes de Santaló, Julia Gómez e Alec Butcher. Todos eles participarán nesta actividade, que terá lugar os días 13, 20 e 26 de abril. E continuará o 3, 8, 11 e 15 de maio. O prazo de inscrición aínda se atopa aberto.
Obxectivos
1. Introducir técnicas de relaxación e calma.
2. Incrementar a atención e concentración do alumnado.
3. Preparar a mente para un mellor rendemento na aula.
Contidos
1. Mindfulness
1.1. Que é o mindfulness.
1.2. Programas que o desenvolven.
1.3. Conexión mente corpo.
1.4. A respiración.
2. A preparación mental.
2.1. Atención interior e exterior.
2.2. Prestar atención ao corpo.
3. Como nos engana a mente.
4. Xestión das emocións.
5. Técnicas de relaxación.