G2214003 TICE et interculturalité dans nos cours de FLE

Este curso vai dirixido ao profesorado de lingua francesa dos distintos corpos (primaria, secundaria e EOI) que estea interesado en actualizar a súa competencia lingüística e mellorar as destrezas comunicativas do seu alumnado a través de actividades interculturais e recursos variados.
Mér, 09/11/2022 - 13:58
Interculturalité

Obxectivos

1.Desenvolver as estratexias didácticas para a mellora das destrezas comunicativas na lingua francesa do alumnado.

2.Facilitarlle ao profesorado especialista a práctica do francés para a súa actualización.

3.Achegarse á cultura francófona a través de actividades interculturais variadas.

 

Contidos

1.Estratexias e recursos didácticos e dixitais para fomentar a motivación e a autoaprendizaxe.

2.Actualización nos usos oral e escrito en lingua francesa.

3.Achegamento á interculturalidade.

 

Observación

O curso terá lugar os mércores pola tarde no CAFI, en Santiago de Compostela, modalidade presencial. É necesario ter un nivel B1, posto que a actividade está dirixida a profesorado cun nivel B2.

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI