Convocatoria do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 de novembro “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”

Lun, 26/09/2022 - 09:00

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

  • Prazo de presentación: Os centros que desexen participar neste concurso poderán facelo dende o día seguinte ao de publicación das bases nas páxinas web da Secretaría Xeral da Igualdade e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa ata o día 31 de outubro de 2022, ás 15:00 horas.