Título node Learning object
O proxecto MEDRA (Minipix para Estudo e Detección de Radiación nas Aulas) é unha nova iniciativa promovida polo EduLab do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) para o curso académico 2022/2023 cuxo obxectivo é que o alumnado de secundaria e bacharelato de Galicia teña a súa primeira experiencia investigadora en física de partículas. Para iso utilizaranse Minipix, uns detectores híbridos desenvolvidos polo CERN que funcionan como unha cámara, fotografando as pegadas que deixan as partículas procedentes do cosmos ou dunha fonte radiactiva ao atravesar o sensor. Estas pegadas indican qué tipo de partícula é, a súa enerxía, a carga eléctrica, a súa orixe e a súa traxectoria.
O IGFAE prestará un Minipix durante 7-10 días a 10 centros para realizar un experimento, que será proposto por eles ou asignado polo IGFAE, para a adquisición e análise de datos. Despois, terán que redactar un artigo científico cos resultados obtidos e envialo a unha revista científica do ámbito educativo para a súa publicación. Ao final do curso, o IGFAE organizará unha xornada na que alumnado e profesorado presentarán o traballo que realizaron, como nun congreso científico.
Para que as os e as estudantes leven a cabo un pequeno proxecto de investigación como os que se fan nas universidades ou centros como o IGFAE, é preciso que se cumprimente este formulario expresando por que deberías ser un dos centros seleccionados, si hai un club de ciencias no teu colexio ou instituto, si os ou as teus e túas estudantes ou ti participastes en proxectos científicos, si sodes STEMBach....
Antes de dispoñer do detector, haberá unha sesión formativa do seu funcionamento no voso instituto ou colexio na que poderedes aclarar todas as vosas dúbidas.
Prazo de inscricións aberto ata o 30 de setembro ás 23:45 horas.
Máis información