G2202002 O proxecto SBLENDID. Un percorrido conxunto das Escolas Oficiais de Idiomas galegas

Xornada de peche para o proxecto SBLENDID (Escolas que usan a aprendizaxe mixta para dialogar sobre pedagoxías interrelacionadas)
Mér, 07/09/2022 - 13:53
Logo de Sblendid

 

Esta xornada pretende facer un resumo de toda a evolución do Proxecto SBLENDID ao longo destes dous últimos cursos académicos (2020-21 e 2021-22). Búscase compartir todo o aprendido e avanzado na modalidade semipresencial en Galicia, a partir da formación recibida tanto nos webinarios, nas mobilidades virtuais e presenciais (cursos estruturados e observación docente) e no propio intercambio de experiencias entre o profesorado de EOI, tanto a nivel autonómico como nacional e internacional. Por outra banda, compartirase información sobre o itinerario de formación para o profesorado desta modalidade, así como os recursos creados polos grupos de traballo.

 

 

Entre os obxectivos desta xornada destacamos os seguintes:

1. Apreciar a evolución do ensino semipresencial nas EOI en Galicia

2. Repasar as actividades do proxecto Erasmus+ SBLENDID

3. Relacionar estratexias de dinamización de aula presencial, deseño dos Espazos Virtuais de Aprendizaxe (EVA), emprego da tecnoloxía e aprendizaxe dixital

 

Os contidos que se van abarcar durante a celebración desta actividad indícanse a continuación:

1. Ensino semipresencial en Galicia: Creación e titorización de cursos. Itinerario de formación para o profesorado

2. Xénese e impacto do proxecto Erasmus+ SBLENDID

3. Aspectos esenciais do ensino semipresencial e transferencia á aula independentemente da modalidade

 

O prazo de inscrición en Fprofe é ata o día 13 de setembro. Esta actividade está destinada a profesorado de EOI, pero pode solicitar a inscrición profesorado pertencente a outros corpos mais con interese no ensino semipresencial.

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI