Publicación da adxudicación provisional do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente
Xúntase a Resolución do 14 de xullo de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se procede a adxudicación provisional do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.
As persoas interesadas poderán formular reclamacións e renuncias no prazo de tres (3) días hábiles desde a publicación desta resolución no portal educativo (desde o día 15 de xullo ata o día 19 de xullo de 2022, ambos incluídos).
As reclamacións e renuncias formularanse preferentemente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A.
O formulario da solicitude xenérica PR004A debe cubrirse do seguinte xeito:
a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN ou Renuncia (segundo proceda) á RESOLUCIÓN DO 14 DE XULLO DE 2022.
b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Todas as reclamacións e/ou renuncias deberán enviarse ademais o correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.gal. O envío deste correo electrónico non substitúe en ningún caso a obrigada presentación por rexistro electrónico ou presencial da reclamación e/ou renuncia.
Resolución do 13 de maio de 2022
Corrección de erros. Resolución do 13 de maio de 2022
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 13 de maio de 2022
Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Adxudicación provisional (Anexo I)
Relación de persoas excluídas (Anexo III)