Publicación da adxudicación provisional do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente [1]
Enviado por administrador a Xov, 14/07/2022 - 14:44Xúntase a Resolución do 14 de xullo de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se procede a adxudicación provisional do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.
As persoas interesadas poderán formular reclamacións e renuncias no prazo de tres (3) días hábiles desde a publicación desta resolución no portal educativo (desde o día 15 de xullo ata o día 19 de xullo de 2022, ambos incluídos).
As reclamacións e renuncias formularanse preferentemente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]), a través do procedemento PR004A [3].
O formulario da solicitude xenérica PR004A debe cubrirse do seguinte xeito:
a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN ou Renuncia (segundo proceda) á RESOLUCIÓN DO 14 DE XULLO DE 2022.
b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Todas as reclamacións e/ou renuncias deberán enviarse ademais o correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.gal [4]. O envío deste correo electrónico non substitúe en ningún caso a obrigada presentación por rexistro electrónico ou presencial da reclamación e/ou renuncia.