Título node Learning object

Visitas didácticas en liña para a ESO e Bacharelato: Un achegamento á arte contemporánea
Ven, 20/05/2022 - 13:52
cgac

Durante as sesións en liña realizaremos unha presentación con imaxes dos diferentes espazos, montaxes e exposicións históricas do CGAC exemplificando a través dos múltiples soportes, miradas e discursos das obras da Colección CGAC os diversos xeitos de facer da arte actual.

O obxectivo deste servizo é achegar á arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.

DESTINATARIOS: Cursos de ESO e Bacharelato

DURACIÓN APROXIMADA: 60 minutos

REQUISITOS TÉCNICOS: O centro educativo deberá dispor do equipo técnico preciso para participar nunha reunión telemática (aula equipada cun ordenador con cámara e micro, altofalantes e pantalla). 

SOLICITUDE: A actividade é de balde e para participar é preciso que os centros interesados envíen unha mensaxe electrónica a  onlinecgac@gmail.com   coa seguinte información: nome do centro educativo, curso ou idade e número de participantes, día e hora en que desexan realizar a sesión, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto e mais o nome da persoa responsable. Unha vez aceptada a solicitude os centros recibirán as indicacións precisas para accederen á sesión en liña.