Título node Learning object

Webinario-Calendario Científico Escolar. A Cultura Científica na aula
Ven, 06/05/2022 - 14:18
Webinario-Calendario Científico Escolar. La Cultura Científica en el aula

Actividade de formación inicial e permanente dirixida a profesorado con formación habilitante e alumnado do Grao de Maxisterio ou Máster habilitante.

Obxectivo: Favorecer o desenvolvemento da competencia profesional docente proporcionando recursos e ferramentas propias do coñecemento do contido e do coñecemento didáctico, con fincapé nos principios de accesibilidade e deseño universal.

Contidos de corte conceptual (tales como mulleres científicas, datas e achegas relevantes, etc.), procedemental (destrezas e habilidades de aula para achegar o coñecemento científico a todo o alumnado de modo ameno) e actitudinal (favorecendo a actitude positiva cara ao coñecemento científico, particularmente o desenvolto por mulleres, etc.).

Os recursos e técnicas a traballar, baseados no Calendario Científico Escolar, están abertos a calquera docente de calquera especialidade, desde unha óptica ampla de Cultura Científica.

Impartido por Fátima Mª García Doval e Pablo G. Toral, respectivamente autora da guía didáctica e coordinador do proxecto Calendario Científico Escolar.

Día: Luns, 9 de maio de 2022

Horario: 17:00 h (duración 1 h)

Inscrición

Emitirase certificado de asistencia ás persoas que o soliciten.