Título node Learning object

8ª edición Bolsas Avenir
Ven, 08/04/2022 - 13:07
 8ª edición Becas Avenir

Un ano máis, a Embaixada de Francia, en colaboración coa Asociación Diálogo, lanza unha nova edición das bolsas de excelencia AVENIR, co apoio de empresas e centros académicos de referencia de Francia e de España.

Estas bolsas, das cales tres están destinadas en concreto ao alumnado que cursase o programa Bachibac, teñen como obxectivo facilitar que estudantes españois poidan estudar en Francia durante o curso 2022/2023.

Pode atopar a listaxe de bolsas e as condicións xerais na web de Diálogo Nueva ventana, ademais do formulario de candidatura para o seu envío antes do venres 20 de maio 2022.