Título node Learning object

Xornadas de Formación arredor da Poesía para a Infancia
Ven, 04/02/2022 - 12:46
Galix

A Asociación Galega do Libro Infantil de Xuvenil (GALIX), coa colaboración do Consello da Cultura Galega e o CAFI,  convoca unhas Xornadas de Formación arredor da Poesía para a Infancia.

A participación de oito poetas de referencia no sistema literario galego achega unha riqueza a ter en conta. Escribir poesía destinada á infancia cun pé na escola (a maioría foron docentes) permitirá afondar neste xénero literario e a súa aplicación no sistema educativo. Da mesma forma, axudará o feito de que dous dos poñentes son autores de antoloxías de poesía para a rapazada.