Título node Learning object

Os Centros Educativos xa se poden inscribir ás distintas actividades do Día mundial da Internet Segura organizado polo INCIBE.
Ven, 04/02/2022 - 12:29
Día da Internet Segura

O día 8 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día da Internet Segura.

Nesta 19º edición, baixo o lema "Xuntos por unha Internet Mellor" participan case 200 países. España súmase a través do Instituto Nacional de Ciberseguridade, que organiza un gran evento co fin de velar pola ciberseguridade da cidadanía no mundo dixital, poñendo especial foco nos nenos e nenas mais xóvenes.

É unha realidade que os máis xóvenes son nativos dixitais, 1 de cada 3 usuarios de internet son nenos e nenas que acceden á rede a unha idade cada vez mais temperá, durante mais tempo cada día e, en ocasións, pode que sen unha supervisión adulta axeitada.

Promover entre os rapaces un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais é un compromiso compartido por todosOs Centros Educativos poden contribuír a xerar cultura de ciberseguridade entre os mais novos, inscribíndose, de xeito gratuíto, ás diversas actividades que ofrece o evento "Día da Internet Segura". 

A axenda completa do evento pode consultarse aquí, pero cómpre destacar que,  ao longo dos días 8 e 9 de febreiro, o programa acolle dende representacións teatrais para os mais xóvenes, ata charlas inspiracionais sobre experiencias mais seguras nas redes sociais, e obradoiros sobre os círculos de confianza en internet ou como tentar identificar unha posible estafa. Tamén inclúe actividades destinadas ao entorno educativo do menor: educadores, titores, pais e nais.

Menús Learning object node R