Convocatoria para a solicitude de renovación das persoas auxiliares de conversa para o curso 2022/2023. Centros públicos

Mar, 01/02/2022 - 15:40
adc

Información en galego, castelán e inglés relativa ao proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia. Contén ligazóns á plataforma de solicitude e á información.

Estas instrucións van dirixidas ás persoas participantes no programa de auxiliares de conversa en activo durante o curso 2021/2022 que desexen renovar no programa durante o curso 2022/2023.

Non se pode participar no programa de auxiliares de conversa en Galicia máis de tres cursos escolares consecutivos. É obrigatorio realizar a formación didáctica específica para auxiliares de conversa.