Título node Learning object

Calendario científico escolar 2022
Ven, 21/01/2022 - 10:15
Calendario científico escolar 2022

Calendario Científico escolar é unha iniciativa do CSIC e está financiado por FECYT a través da Convocatoria de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación. O Calendario recolle un aniversario científico ou tecnolóxico para cada día do ano co obxectivo de fomentar a cultura científica nos centros educativos e poñer ao dispor do alumnado modelos referentes próximos que promovan as vocacións STEM.

Conta cunha guía didáctica complementaria para o aproveitamento transversal do Calendario nas clases e está dispoñible con acceso aberto en 10 idiomas; os ficheiros poden descargarse en formato compatible con impresión caseira e en formato accesible para a súa entrega mediante sintetizadores de voz, lectores de pantalla, liñas Braille, etc.

Calendario Científico escolar 2022

Dispoñible en 10 idiomas:

Máis información

Web CSIC 
Twitter: @CalCientifico 
Telegram 
Ficheiros iCal 
GitHub