Título node Learning object

Exposición itinerante “As mulleres que nos levaron á Lúa”
Ven, 26/11/2021 - 11:42
 Exposición itinerante “As mulleres que nos levaron á Lúa”

A Universidade de Vigo vén organizando nos últimos anos xornadas de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia (11 de Febreiro). Poñense tamén diferentes recursos educativos a disposición dos centros de ensino a través da páxina web https://exxperimentaenfeminino.uvigo.gal

Neste curso 2021/2022, tralo éxito da exposición itinerante “Mulleres na Ciencia” que está a percorrer centros educativos de toda Galicia, presentan a nova exposición itinerante titulada “As mulleres que nos levaron á Lúa”. Con esta exposición que consta de 12 roll ups (de 2mx1m) preténdese achegar ao alumnado o traballo das mulleres que permitiron que o ser humano viaxase ao espazo. Trátase de sacar á luz o traballo daquelas mulleres que, aínda que quizais non dunha forma tan visible como o astronauta Neil Armstrong, si foron claves no éxito da misión do Apolo XI e do resto de misións espaciais. Así coñeceremos a enxeñeiras, físicas, fisiólogas, astronautas, enxeñeiras informáticas...

A exposición presentouse o 28 de outubro no centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense e conta coa financiación da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e a Deputación de Ourense

https://www.uvigo.gal/es/universidad/comunicacion/duvi/exposicion-visibiliza-mulleres-que-levaron-lua
 
A exposición poderáse solicitar dende a páxina web https://exxperimentaenfeminino.uvigo.gal na sección exposición itinerantes ou ven a través do correo exxperimentaenfeminino@uvigo.gal