Convocatoria do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS para o curso 2021-2022

Mar, 16/11/2021 - 09:54
bes

Achégase arquivo coa Resolución de 15 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2021/2022. Esta iniciativa, que se leva a cabo coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, contempla tres posibles actuacións que se resumen no seguinte cadro, no que se detallan, así mesmo, as datas de presentación de solicitude en cada caso.

 

 

Iniciativa

Finalidade

Características

1

Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria”

Recoñecer bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.

  • Convocatoria anual.

  • Destinado ás bibliotecas dos centros de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato, ciclos formativos ou ensinanzas de réxime especial.

  • Presentación de memorias por parte dos centros interesados: 10 de maio de 2022.

  • Concesión dun máximo de 15 selos por curso escolar.

  • As candidaturas deberán responder aos obxectivos da Axenda 2030 da ONU, de desenvolvemento sustentable.

2

Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria)

Recoñecer as horas de voluntariado na biblioteca escolar, para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes.

  • Convocatoria anual.

  • Destinado a alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, ciclos formativos ou ensinanzas de réxime especial..

  • Data límite de inscrición: 10/12/2021.

  • Data límite para remitir os datos do alumnado participante: 27/05/2022.

3

Voluntariado de lectura – A (Primaria)

Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura.

  • Convocatoria anual.

  • Destinado a alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

  • Data límite de inscrición: 10/12/2021.

  • Data límite de presentación da memoria de actividades: 29/04/2022.

  • Seleccionaranse un máximo de 10 experiencias (segundo concreción en convocatoria complementaria en febreiro de 2022).