Título node Learning object

 IX Xornada de Formación para Elaborar Proxectos de Estatística
Ven, 29/10/2021 - 11:11
 IX Xornada de Formación para Elaborar Proxectos de Estatística

A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a IX Xornada de Formación para Elaborar Proxectos de Estatística. Esta xornada está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e impartirase nunha única edición Online.
Lugar: Aula Magna - Facultade de Matemáticas. Universidade de  Santiago de Compostela.
Data: sábado 20 de novembro de 2021.
Inscrición
Período de inscrición aberto ata o 17 de novembro de 2021.
O curso é gratuíto pero cómpre inscribirse neste formulario (https://cutt.ly/mRnPNJR).

Máis información na web da SGAPEIO (https://sgapeio.es/index.php/estatistica-no-ensino/3503-xornada-de-formacion-sgapeio-agapema-2021)