Título node Learning object

XV Premios Estratexia NAOS. Edición 2021
Ven, 29/10/2021 - 09:55
XV Premios Estrategia NAOS. Edición 2021

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) convocou os XV PREMIOS ESTRATEXIA NAOS. EDICIÓN 2021 co obxectivo de recoñecer e divulgar aqueles programas ou proxectos que fomenten  unha alimentación saudable e/ou a práctica de actividade física, obxectivos da Estratexia para a Nutrición, Actividade Física e prevención da Obesidade (Estratexia NAOS), en calquera dos ámbitos de actuación desta Estratexia: familiar e comunitario, escolar, laboral, sanitario e empresarial.

Poden enviar as solicitudes daqueles proxectos que non se presentaron e tamén proxectos que optasen a estes Premios e/ou que conseguisen un accésit noutras convocatorias pero que non foron premiados.

O prazo de presentación de solicitudes xa está aberto, sendo a data límite de participación:10 de decembro de 2021, incluído. 

Para calquera aclaración e información poden poñerse en contacto coa seguinte dirección:  estrategianaos@aesan.gob.es