Título node Learning object

Día Internacional contra a violencia e o acoso escolar, incluído o ciberacoso
Ven, 15/10/2021 - 10:36
UNESCO

A 40ª Conferencia Xeral da UNESCO de 2019 aprobou, por unanimidade dos 193 estados, a celebración do Día Internacional contra a violencia e o acoso escolar, incluído o ciberacoso, o primeiro xoves de novembro de cada ano. Este ano celebrarase o xoves 4 de novembro baixo o lema "Abordar o ciberacoso e outras formas de violencia en liña que afectan os nenos e os mozos".

A medida que os países responden á Covid-19 en diferentes etapas, a vida e a educación dos/as nenos/as e mozos/as de todo o mundo trasladáronse cada vez máis a Internet. Aínda que o acceso en liña ofrece oportunidades de conexión e aprendizaxe, tamén está a poñer cada vez máis aos/as nenos/as e mozos/as en risco de violencia en liña.

Os datos mostran que en varias rexións o ciberacoso aumentou durante a pandemia. En Europa, o 44% dos/as nenos/as que sufrían ciberacoso antes da COVID-19 afirman que este aumentou durante os peches.

Aínda que a violencia en liña non só se produce nas instalacións escolares, nos arredores dos centros educativos e no camiño de ida e volta, a educación formal pode e debe desempeñar un papel fundamental á hora de dotar aos/as nenos/as e mozos dos coñecementos e habilidades necesarios para identificar a violencia en liña e protexerse das súas diferentes formas, xa sexa perpetrada polos/as seus/súas compañeiros/as ou polas persoas adultas.

Para maior información pódese consultar a seguinte páxina

https://en.unesco.org/commemorations/dayagainstschoolviolenceandbullying