Título node Learning object

“Matemáticas con Maxima no Ensino Medio”
Ven, 17/09/2021 - 13:50
“Matemáticas con Maxima no Ensino Medio”

O Programa de Formación de Innovación Docente da Universidade de Santiago de Compostela organiza o curso “Matemáticas con Maxima no Ensino Medio” dirixido ao profesorado de Ensino Medio con especialidade en Matemáticas.
Os obxectivos do curso son os seguintes:

- Fomento do uso de ferramentas de libre acceso nas aulas.
- Introdución do profesorado de ensino medio e, consecuentemente, do alumnado no uso de software Maxima, para posteriormente ampliar o coñecemento fora do ámbito da secundaria.
- Uso deste tipo de software a tódolos contidos da materia de matemáticas en calquera dos niveis educativos.
- Ilustración dos contidos con exemplos da vida real.

O curso terá unha duración de 21 horas, das cales 15 horas serán presenciais e 6 non presenciais. As horas presencias repartíanse en seis sesións que están previstas para os días 17, 19, 24, 27 e 31 de Xaneiro, e 2 de Febreiro do ano 2022. As tres primeiras sesións en horario de 17 a 19 horas e as tres últimas, de 17 a 20 horas.

Para inscribirse encherase o seguinte formulario: 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe9V8BgMVZPepn4ishytuHx7rViOvxz...

A data límite de inscrición será o 31 de Outubro do 2021.