Título node Learning object

1ª Edición do Premio "Encarnación Pose, un mundo para todos/as"
Ven, 10/09/2021 - 11:54
1ª Edición do Premio "Encarnación Pose, un mundo para todos/as"

A 1ª Edición do Premio "Encarnación Pose, un mundo para todos/as", está dirixida a promover os valores de tolerancia, convivencia e interculturalidade entre a poboación escolar galega entre os 3 e os 12 anos de idade.

O premio establece 3 categorías según a idade dos escolares, e premiará aos centros escolares que presenten os mellores soportes audiovisuais ( de un máximo de 10 minutos) que promovan os referidos valores e contribúan a loitar contra o racismo e a xenofobia que cada vez parece implantarse máis no nosa sociedade.

O concurso terá como tema "A convivencia Intercultural", e levarase a cabo dende o día 8 de setembro do 2021 ata o día 5 de outubro de 2021, que será a data de remate para a presentación dos traballos realizados. O fallo farase público o día 15 de outubro mediante a publicación dos colexios gañadores na páxina web da organización AMIGA , www.amiga.gal. Asimesmo AMIGA porase en contacto persoalmente cos centros educativos para a xestión da entrega de premios.