Título node Learning object
A Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI) e a Fundación SM, convocan a IV Edición do Premio de Dereitos Humanos "Óscar Arnulfo Romero"
Esta iniciativa recoñece o traballo de institucións educativas e da sociedade civil na defensa e promoción dos dereitos humanos a través da educación.
O premio, no que ademais de España poden participar países iberoamericanos, consistirá nun cheque de 5.000 dólares para os dous gañadores de cada categoría establecida.
Os seleccionados a nivel nacional obterán unha mención especial e todas as experiencias recibirán un certificado de participación.
Establécense dúas categorías de participantes:
-Categoría A :Centros escolares/educativos de educación formal (entre 3 e 18 anos).
-Categoría B: Organizacións da sociedade civil vinculadas co traballo de educación non formal (ONG, asociacións, fundacións, etc.).
Cada institución poderá presentarse unicamente a unha categoría e cun só proxecto.
Non poderán concursar centros e organizacións gañadoras a nivel nacional nos dous últimos anos.
O prazo para presentar candidaturas termina o 31 de xullo.
As bases da convocatoria poden consultarse na web:
https://oei.int/oficinas/secretaria-xeral/premio-dereitos-humanos/cuarta-edicion