Título node Learning object

7ª Edición Marker Faire Galicia
Lun, 03/05/2021 - 13:34
Marker Faire Galicia

Volta a 7ª edición da Maker Faire Galicia que será 100% online e volverá a contar cunha xornada adicada á educación.

Esta xornada celebrarase o 4 de xuño de 2021 nun Museo Gaiás virtual, durante toda a xornada. Nela haberá charlas con profesionais de referencia, obradoiros para todas as idades e exposición online de proxectos.

Aqueles centros de educación primaria, secundaria, FP ou facultade que conten cun proxecto innovador e sorprendente, poderá amosalo nesta xornada, onde compartirá coñecemento coa comunidade educativa. 

Os proxectos seleccionados competirán en tres categorías:

  • Minimaker (ata 12 anos)
  • Maker (de 12 a 18 anos) 
  • Maker pro (a partir de 18 anos)

Para inscribir o proxecto encher este formulario.
Máis información da edición anterior na páxina web da Maker Faire Galicia.