Título node Learning object

Biblioteca Fundación Eugenio Granell
Mér, 21/04/2021 - 10:26
Fundación Eugenio Granell

A Biblioteca da Fundación Eugenio Granell súmase a celebración do "Día Internacional do Libro" coas seguintes actividades:

 

  • LIBRO por LIBRO: Pequena feira de intercambio de libros de arte. 

    O vindeiro 23 de abril, a Biblioteca da Fundación Eugenio Granell organiza a actividade “Libro por Libro”, que consiste en que todas aquelas persoas particulares e institucións que o desexen poderán intercambiar os seus libros por calquera dos que se atopan nos stocks de libros repetidos da Biblioteca da Fundación Eugenio Granell. Asemade a Fundación convida a calquera biblioteca interesada nesta iniciativa a participar. A filosofía da actividade pode resumirse no lema: “Alguén ten un libro que ti queres, alguén quere o libro que ti tes”. Para realizar o intercambio deberán dirixirse á Biblioteca da Fundación o vindeiro venres 23 de abril,  de 11:00 a 14:00h.

  • BOOKCROSSING. 

    O venres 23 de abril, a Biblioteca da Fundación Eugenio Granell, unirase aos outros centros e museos de todo o mundo nunha experiencia virtual de bookcrossing. Por segundo ano consecutivo, compartirase de maneira virtual algunha das publicacións ou coleccións das institucións participantes.

    Museos de arte comparten este venres 23 de abril un vídeo comunitario no que cada un deles  recomendan a lectura dun ou varios libros.

Máis información

Fundación Eugenio Granell