Título node Learning object

Concurso ADOS de Carteis e Curtametraxes
Xov, 18/03/2021 - 09:17
Concurso ADOS

​A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, co ánimo de seguir traballando en espertar interese entre o alumnado na importancia da concienciación sobre a doazón de órganos e tecidos,convoca o III Concurso de Carteis dirixido aos escolares de 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º e 3º de educación secundaria obrigatoria (ESO) en colaboración con Gadisa S.L.U. e o VII Concurso de curtametraxes, dirixido ao  alumnado de bacharelato e ciclos formativos de grao básico, medio e superior. Ambos están dirixidos a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos e privados da comunidade autónoma galega para o curso escolar 2020/21.

Para máis información: 

III Concurso de Carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes:

  • Cartel
  • Bases

VII Concurso de Curtametraxes para escolares relacionado coa doazón e os transplantes:

  • Cartel
  • Bases