Título node Learning object

Premios UNESCO-Xapón 2021 en Educación para o Desenvolvemento Sustentable
Ven, 19/02/2021 - 09:20
Premio Unesco-Japón

Premio financiado polo goberno do Xapón, consiste en tres galardoes anuais, cada un dotado con 50.000 dólares USA. Os tres galardoados son escollidos pola Directora Xeral da UNESCO sobre a base das recomendacións formuladas por un xurado internacional independente composto por cinco expertos.

Candidatos: Institucións, organizacións non gobernamentais ou outras entidades dedicadas á Educación para o Desenvolvemento Sustentable (EDS). As candidaturas deben centrarse nun proxecto ou programa específico de EDS e os candidatos deberán realizar contribucións significativas centrándose nun ou varios dos cinco ámbitos de acción prioritarios do Programa de Acción Mundial sobre a EDS: (1) apoio ás políticas, (2) enfoques institucionais integrais, (3) educadores e educadoras, (4) mozos e mozas e (5) comunidades locais.

Avaliación: para avaliar o proxecto ou programa do candidato, o xurado aplica os seguintes criterios:

  • Transformación: o proxecto/programa practica a Educación para o Desenvolvemento Sustentable (EDS) como unha educación transformadora en apoio do desenvolvemento sustentable, que conduce ao cambio individual e social. A EDS capacita ao alumnado para transformarse a si mesmos e á sociedade na que viven. Por tanto, o proxecto/programa nomeado debe permitir ao alumnado provocar cambios con vistas a construír un mundo máis xusto, pacífico e sustentable. Isto pode significar, por exemplo, tomar medidas contra o cambio climático, cambiar os patróns de consumo, desenvolver o espírito empresarial social e os medios de vida sustentables, ou apoiar aos que loitan contra a pobreza.
  •  Integración: o desenvolvemento sustentable esixe a integración das dimensións social, económica e ambiental do desenvolvemento. O proxecto/programa proposto debe estar en consonancia con esta definición de desenvolvemento sustentable, abordar esas tres dimensións e axudar ao alumnado para comprender a interdependencia entre elas e actuar en consecuencia.
  • Innovación: el desenvolvemento sustentable require ir máis aló do que se fai habitualmente e dun pensamento "fóra do común". O proxecto/programa nomeado debe demostrar un enfoque innovador da EDS, xa sexa nos temas que abarca, a metodoloxía que emprega ou a forma en que se deseña a contorna de aprendizaxe. Chegar a sectores máis aló da educación e traballar con novos socios tamén pode ser un signo de innovación.

Outros criterios: ademais destes tres criterios, o proxecto/programa debe:

  • Estar en curso e levar polo menos catro anos en funcionamento.
  • Demostrar resultados e ter un alto impacto en relación cos recursos investidos.
  • Ser reproducible e ampliable.
  • Contribuír a un ou máis dos cinco ámbitos de acción prioritarios do marco da EDS para 2030.

Cada Estado Membro pode propoñer un máximo de 3 candidaturas.

O prazo de presentación de candidaturas vence o 30 de abril 2021 e débese realizar a través a Delegación Permanente ante a UNESCO, polo que rogamos que as candidaturas se fagan chegar á unidade de Acción Educativa no Exterior, non máis tarde do 26 de abril, ás seguintes direccións: carmen.sainz@educación.gob.eseducacionexterior@educacion.gob.es

Máis información

https://é.unesco.org/premio-eds