Título node Learning object

Proxecto Escolar “Redeseñando o mundo”
Xov, 18/02/2021 - 14:36
Programa D´tec

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, organiza unha nova actividade no marco de D’tec, o programa para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas.

O proxecto escolar “Redeseñando o mundo”, está dirixido a estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria e levará ao alumnado a través de todo o proceso creativo implicado no deseño dun produto mentres aprenden o manexo de ferramentas dixitais que lles permitirá deseñar o seu propio produto, prototipo ou maqueta.

Organizarase unha sesión inicial de presentación para as persoas participantes.

O profesorado tamén terá á súa disposición un servizo para a realización de consultas e asesoramento.

Data límite de inscrición: 24 de febreiro de 2021.

Inscripción a través da seguinte ligazón:

https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/proxecto-escolar-redisenando-o-mundo/