Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FP

Ven, 15/01/2021 - 12:10

Publícase resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e de profesores técnicos de formación profesional (591).

As especialidades convocadas son:

1. Corpo de profesores de ensino secundario (590):

CÓDIGO

DENOMINACIÓN ESPECIALIDADE

590109

Navegación e Instalacións Mariñas

 

2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

CÓDIGO

DENOMINACIÓN ESPECIALIDADE

591210

Máquinas, Servizos e Produción

 

Prazo de presentación de solicitudes: desde o LUNS día 18 de xaneiro ata o día 20 de xaneiro de 2021, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible LUNS día 18 de xaneiro de 2021.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documetación establecida na resolución a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

 

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

  • Resolución do 13 de outubro de habilitación do procedemento ED003A (enlace DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201021/AnuncioG0598-151020-0003_gl.pdf)

  • Resolución do 15 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591). (código de procedemento ED003A)