Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FP [1]
Enviado por administrador a Ven, 15/01/2021 - 12:10Publícase resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e de profesores técnicos de formación profesional (591).
As especialidades convocadas son:
1. Corpo de profesores de ensino secundario (590):
CÓDIGO |
DENOMINACIÓN ESPECIALIDADE |
590109 |
Navegación e Instalacións Mariñas |
2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)
CÓDIGO |
DENOMINACIÓN ESPECIALIDADE |
591210 |
Máquinas, Servizos e Produción |
Prazo de presentación de solicitudes: desde o LUNS día 18 de xaneiro ata o día 20 de xaneiro de 2021, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada [2] e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible LUNS día 18 de xaneiro de 2021.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documetación establecida na resolución a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.
-
Resolución do 13 de outubro de habilitación do procedemento ED003A (enlace DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201021/AnuncioG0598-151020-0003_gl.pdf [3])
-
Resolución do 15 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591). (código de procedemento ED003A)
File: