Título node Learning object

Guía de Recursos Educativos sobre Lixo Mariño
Ven, 27/11/2020 - 14:48
Guía de Recursos Educativos sobre Lixo Mariño

O Centro de Documentación Ambiental do CEIDA acaba de elaborar a ¨Guía de Recursos Educativos sobre Lixo Mariño¨  para poñer a disposición tanto dos profesionais da educación, formal e non formal, como das familias, unha selección de documentos cos que traballar a problemática da contaminación mariña, facendo especial fincapé nos residuos plásticos. A guía inclúe libros informativos, textos literarios, infografías, vídeos, aplicacións móbiles, e outros materiais dirixidos ao alumnado e ao profesorado de todas as etapas educativas (infantil, primaria e secundaria).

Pode acceder á guía de recursos na seguinte ligazón:
http://www.ceida.org/sites/default/files/adxuntos-biblioteca-divulgacion...