Convocada a selección de centros docentes de primaria e secundaria para a pilotaxe do proxecto europeo Erasmus+ KA3 “Assessment of Transversal Skills in STEM (ATS STEM)” co obxecto de avaliar as competencias STEM do alumnado
Resolución do 25 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros docentes de educación primaria e secundaria para a pilotaxe do proxecto europeo Erasmus+ KA3 “Assessment of Transversal Skills in STEM (ATS STEM)” co obxecto de avaliar as competencias STEM do alumnado.
Assessment of Transversal Skills in STEM (ATS STEM), é un proxecto Erasmus+ KA3 de experimentación de políticas innovadoras de 3 anos de duración. Forman parte deste proxecto 12 institucións educativas de 8 países da UE. Ten como obxectivo abordar os retos da educación en STEM en Europa. A partir dunha Investigación rigorosa crearase un modelo de aprendizaxe e avaliación das competencias clave transversais STEM nos currículos nacionais incluíndo unha formación de profesorado asociada ao proxecto. Os obxectivos de todo proxecto e, en concreto da pilotaxe, son: proporcionar recomendacións para o desenvolvemento das políticas educativas a nivel europeo, identificar criterios clave baseados en evidencias e validar de xeito cualitativo e cuantitativo as conclusións obtidas en todo proceso.
Para máis información sobre o proxecto pódese visitar a páxina web http://www.atsstem.eu/ e contactar a través do correo electrónico stem@edu.xunta.gal ou nos teléfonos: 981546514, 981546545 e 981546571.
- O prazo de solicitude finalizará o 21 de setembro de 2020.