Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2020

Lun, 17/02/2020 - 08:45

Orde do 31 de decembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2020 (códigos de procedemento ED431C, IN607A, ED431B, IN607B, ED431F e IN607D).

  • Prazo de presentación de solicitudes: Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.