Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Relación de centros admitidos e excluídos da convocatoria de premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2019/2020

Mar, 28/01/2020 - 13:43
Relación de centros admitidos e excluídos da convocatoria de premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2019/2020

Logo de finalizar o prazo establecido para solicitar a participación, publícanse as listaxes de centros admitidos e excluídos no concurso fóra do ámbito do Plan Proxecta, ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convocan ospremios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2019/2020.

O profesorado dos centros de titularidade pública admitido no programa Nós tamén creamos! do Plan Proxecta 2019/2020 queda inscrito de oficio no concurso.