Convocatoria dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos! para o curso académico 2019/2020

Mér, 11/12/2019 - 15:59
Convocatoria dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!  para o curso académico 2019/2020

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2019/2020

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2019/2020.

Premios:

Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio:

  • Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil

  • Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria

  • Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

O prazo de presentación das solicitudes rematará o día rematará o día 20 de xaneiro de 2020, e a data límite de envío das curtas será o 30 de abril de 2020.