Título node Learning object

Coa palabra na boca. Suxestións para traballar con refráns nas aulas
Ven, 29/11/2019 - 10:40
Coa palabra na boca. Suxestións para traballar con refráns nas aulas

Achegamos a publicación dixital Coa palabra na boca. Suxestións para traballar con refráns nas aulas, do docente Xaime Iglesias. Este pequeno pero útil material didáctico, editado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ao abeiro do seu proxecto Fraseoloxía galega, vai dirixido ás distintas etapas do ensino (Infantil, Primaria e Secundaria).

Coa palabra na boca, ten unha primeira parte teórica que define o que é un refrán e explica a súa orixe, características, contextualización, temática, estrutura e esquemas, recursos métricos e estilo. Péchase cun comentario acerca das recoleccións de refráns e dos seus recompiladores en Galicia.

A segunda parte contén a proposta didáctica propiamente dita, ilustrada por José M. Castro Méndez. Contén actividades xerais e diferenciadas segundo a etapa de ensino: educación infantil, primaria e secundaria. Xaime Iglesias propón actividades abertas e flexibles coas súas orientacións das que sobresae a interdisciplinariedade e o tratamento transversal dos refráns.

O formato é o habitual A4 para que se poida utilizar e imprimir determinadas partes con maior facilidade.

Coa palabra na boca está tamén dispoñible de balde na páxina web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades a través da seguinte ligazón: http://cirp.gal/w3/publicacions/pub-0492.html

E proximamente tamén na libraría institucional da Xunta de Galicia: https://libraria.xunta.gal