S1902014 Novas ferramentas para a ensinanza da educación artística

O próximo 2 de outubro comezará no CAFI o curso "Novas ferramentas para a ensinanza da educación artística"
Mar, 24/09/2019 - 13:31
S1902014 Novas ferramentas para a ensinanza da educación artística

Obxectivos:

1.Aumentar a creatividade do alumnado, buscando a mellora das habilidades sociais, da súa conduta e do seu rendemento académico.

2.Potenciar o traballo en equipo usando novas metodoloxías no proceso de ensino e aprendizaxe da educación plástica.

3.Ampliar as posibilidades como educador obtendo ferramentas didácticas propias da arte.

Contidos:

1.Zentangle, bases teóricas e iniciación

2.Aplicacións prácticas da técnica Zentangle na aula

3.A arte como linguaxe universal, catalizador e canle de expresións e emocións

Inscríbete en Fprofe co código da actividade: S1902014

Datas: 2-9-16-23-30 de outubro

Lugar :CAFI

Horario: 18-21h

Número de horas totais: 15

Menús CAFI node R

 

Sección