Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Convocatoria de premio de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D" para centros públicos

Mér, 11/09/2019 - 12:18
Convocatoria de premio de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D" para centros públicos

Poderán presentar solicitudes aqueles centros docentes públicos de ensino non universitario que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato.

Cada centro presentará ata un máximo de 6 equipos. Os equipos estarán configurados por un mínimo de 3 alumnos/as e un máximo de 6; deberán pertencer ao mesmo nivel educativo e estarán titorizados por un docente que pode ser o mesmo para todos os equipos. Procurarase que exista paridade de xénero na elección do alumnado participante.
Cada equipo presentará un proxecto STEM elaborado enteiramente polo alumnado coa dotación que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional realizou aos centros públicos de ensino non universitario dende o curso 2016/17, segundo as seguintes características:

  • Equipamento de robótica educativa
  • Placas de Comunicación  e Programación
  • Equipo de Impresión 3D

Categorías de participación

  • Categoría STEM iniciación, para proxectos sinxelos realizados por alumnado de iniciación. Poderán participar nesta categoría o alumnado de 1º, 2º, 3º da ESO, FP Básica ou PMAR.
  • Categoría STEM afondamento, para proxectos máis complexos. Poderán participar nesta categoría o alumnado de 4º ESO, 1º ou 2º bacharelato.

E ademais, en cada categoría, cada proxecto poderá presentarse aos seguintes “Desafíos”:

  • Desafío Robots: proxecto no que nun escenario un ou varios robots realizan determinadas accións ou tarefas encamiñadas a dar solución a unha situación que teña aplicación na realidade da vida diaria, da industria etc.
  • Desafío Programación: proxecto tecnolóxico que de solución a unha necesidade concreta onde se utilicen linguaxes de programación.
  • Desafío Impresión 3D: proxecto tecnolóxico onde se utilice unha impresora 3D para o deseño e construción de todas ou parte das pezas da maqueta que represente ao proxecto.

Cada proxecto debe presentarse a unha única categoría e un, varios ou todos os desafíos que se propoñen.

Premios:

Haberá 6 premios, un por cada desafío e categoría de 2.000 euros cada un para o centro docente do equipo gañador.  Cada centro poderá recibir un só premio.

A persoa titora de cada equipo gañador recibirá da consellería unha certificación como 1º premio de innovación educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.

  • O prazo para presentar proxectos será antes do 30 de setembro de 2019.

Máis información detallada da documentación a presentar para participar, no arquivo anexo da convocatoria.