Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convocatoria de premio de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D" para centros públicos

Convocatoria de premio de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D" para centros públicos [1]

Enviado por administrador a Mér, 11/09/2019 - 12:18
 programación, robótica e impresión 3D" para centros públicos [2]
Gallego

Poderán presentar solicitudes aqueles centros docentes públicos de ensino non universitario que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato.

Cada centro presentará ata un máximo de 6 equipos. Os equipos estarán configurados por un mínimo de 3 alumnos/as e un máximo de 6; deberán pertencer ao mesmo nivel educativo e estarán titorizados por un docente que pode ser o mesmo para todos os equipos. Procurarase que exista paridade de xénero na elección do alumnado participante.
Cada equipo presentará un proxecto STEM elaborado enteiramente polo alumnado coa dotación que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional realizou aos centros públicos de ensino non universitario dende o curso 2016/17, segundo as seguintes características:

  • Equipamento de robótica educativa
  • Placas de Comunicación  e Programación
  • Equipo de Impresión 3D

Categorías de participación

  • Categoría STEM iniciación, para proxectos sinxelos realizados por alumnado de iniciación. Poderán participar nesta categoría o alumnado de 1º, 2º, 3º da ESO, FP Básica ou PMAR.
  • Categoría STEM afondamento, para proxectos máis complexos. Poderán participar nesta categoría o alumnado de 4º ESO, 1º ou 2º bacharelato.

E ademais, en cada categoría, cada proxecto poderá presentarse aos seguintes “Desafíos”:

  • Desafío Robots: proxecto no que nun escenario un ou varios robots realizan determinadas accións ou tarefas encamiñadas a dar solución a unha situación que teña aplicación na realidade da vida diaria, da industria etc.
  • Desafío Programación: proxecto tecnolóxico que de solución a unha necesidade concreta onde se utilicen linguaxes de programación.
  • Desafío Impresión 3D: proxecto tecnolóxico onde se utilice unha impresora 3D para o deseño e construción de todas ou parte das pezas da maqueta que represente ao proxecto.

Cada proxecto debe presentarse a unha única categoría e un, varios ou todos os desafíos que se propoñen.

Premios:

Haberá 6 premios, un por cada desafío e categoría de 2.000 euros cada un para o centro docente do equipo gañador.  Cada centro poderá recibir un só premio.

A persoa titora de cada equipo gañador recibirá da consellería unha certificación como 1º premio de innovación educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.

  • O prazo para presentar proxectos será antes do 30 de setembro de 2019.

Máis información detallada da documentación a presentar para participar, no arquivo anexo da convocatoria.

File: 

PDF icon Convocatoria [3]
PDF icon Anexo [4]
PDF icon Resolución provisional do 13 de novembro de 2019 [5]
PDF icon Resolución definitiva [6]
Plans e actuacións en innovación educativa [7]
Educación secundaria obrigatoria [8]
Bacharelato [9]
Formación Profesional Básica [10]
Servizo de Programas de Formación [11]
Profesorado [12]
Centros [13]
Boletín [14]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28686

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28686
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/desafiostem_3_3.jpg
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/11_09_19convocatoria_centros_desafios_stem_asinada.pdf
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_desafios_stem_19_2.pdf
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resol_prov_centros_premiados_asinada.pdf
[6] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_def_centros_premiados_asinada.pdf
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/135
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/84
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/933
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/45
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613