Título node Learning object
Ábrese a convocatoria para participar nunha nova edición de Cinema en curso, un programa de pedagoxía do cinema que ten un dobre obxectivo: achegar aos nenos e mozos ao cinema como arte, cultura e creación e desenvolver as potencias pedagóxicas do cinema nas escolas e institutos, dentro do horario lectivo.
Cinema en curso estrutúrase en tres eixos de traballo:
- Os obradoiros, impartidos conxuntamente por docentes e un/unha cineasta con grupos desde 5º de primaria ata 1º de Bacharelato e ciclos formativos.
- A formación do profesorado. - O desenvolvemento de accións a nivel de centro para promover que o cinema se converta nun eixo transversal do proxecto educativo das escolas e os institutos participantes.
Cinema en curso é un programa internacional da Asociación A Bao A Qu que se desenvolve en Galicia, Cataluña, Euskadi, Madrid, Chile e Alemaña.
En Galicia Cinema en curso coordínase desde o CGAI-AGADIC no marco do Plan Proxecta, da Xunta de Galicia Máis información sobre o programa Cinema en curso: www.cinemaencurso.org
A quen se dirixen?
Ao alumnado de 5º de primaria a 1ºde bacharelato e ciclos formativos.
Quen os imparte?
Os obradoiros son impartidos conxuntamente polo equipo de docentes do centro e un/unha cineasta. O cineasta participa nun total de entre 20 e 25 sesións co alumnado. Os docentes sempre participan activamente nestas sesións e dan continuidade ao traballo noutras clases.
Que equipamento se require?
Trabállase cos computadores, proxectores e cámaras fotográficas e/ou de vídeo dos centros educativos. Tamén se require un disco duro do centro especificamente destinado ao obradoiro e algún material funxible. Para algunhas prácticas e para a curtametraxe trabállase con equipos profesionais de cámara e son achegados por Cinema en curso.
Destinatarios e criterios de participación e selección
Darase prioridade aos centros públicos
Límite de centros participantes: 4 Alumnado a que vai dirixido: 5º e 6º de primaria, ESO, 1º de Bacharelato e ciclos formativos.
Límite de docentes participantes por centro: 4 Límite de alumnado participante por centro en cada obradoiro: grupos clase ou, en caso de tratarse de optativas ou outras agrupación, máximo 20.
Solicitudes e procedemento
A solicitude farase a través da plataforma do Plan Proxecta desde o 9 de setembro ata o 1 de outubro.
Amplíase o prazo de participación nos programas do CGAI: o programa Cidadanía dixital pecha o prazo o 2 de outubro e os programas Cinema en curso e Fotografía en curso pechan o prazo o 8 de outubro.
O 9 de outubro comunicaranse os admitidos.
Entre o 2 e 8 de outubro falarase cos coordinadores dos proxectos preseleccionados para asegurar a proposta de organización do centro, o compromiso do equipo directivo co proxecto e solucionar as dúbidas que xurdan.
As conversas poden ser telefónicas ou presenciais no centro.
Para calquera dúbida ou problema no proceso pódese contactar con Mónica García Iglesias no CGAI - Filmoteca de Galicia: - Correo electrónico: monica.garcia.iglesias@xunta.es - Teléfono: 881 881 269 - Dirección: Duran Loriga, 10 baixo - 15003 A Coruña
A plataforma para poder facer a solicitude e presentar a memoria é: http:// www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta
Cinema en curso é un programa de pedagoxía do cinema creado pola asociación A Bao A Qu que en Galicia coordina o CGAI no marco do Plan Proxecta.