Título node Learning object

Convocatoria para participar no programa educativo Cidadanía Dixital 2019/2020
Xov, 27/06/2019 - 10:55
Convocatoria para participar no programa educativo Cidadanía Dixital 2019/2020

Ábrese a convocatoria para participar no programa Cidadanía Dixital, unha iniciativa para contribuír á educación mediática e dixital da comunidade educativa e, por extensión, de toda a cidadanía.

Cidadanía dixital propón, a través dunha orientación eminentemente práctica:

Entender a industria dixital e o sistema socio-cultural que xera, analizando conexións entre reality shows e redes sociais.

Reflexionar e repensarse como usuarios tecnolóxicos.

Ser conscientes dos roles que despregamos ante a tecnoloxía.

Programar contidos e prácticas propias dunha cidadanía dixital. Cidadanía dixital nace dun grupo de investigación da Universidade Rey Juan Carlos, Ciberdemocracia, cunha longa traxectoria na análise das formas de participación cidadá na contorna dixital.

En Galicia Cidadanía dixital coordínase desde o CGAI-AGADIC no marco do Plan Proxecta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Destinatarios e criterios de participación e selección

Priorizaranse centros públicos

Límite de centros participantes: 10

Alumnado a que vai dirixido: 3º, 4º de ESO, 1º de Bacharelato e ciclos de formación profesional.

Límite de docentes participantes por centro: 3 (débese argumentar a necesidade de incluír máis docentes)

Límite de alumnado participante por centro en cada obradoiro: grupos aula ou, en caso de tratarse de optativas ou outras agrupacións, máximo 20.

Estes alumnos converteranse posteriormente en prescritores doutros grupos de alumnos no propio centro.

Solicitudes e procedemento

A solicitude farase a través da plataforma do Plan Proxecta desde o 9 ata o 27 de setembro.

O 1 de outubro comunicaranse os admitidos.

Entre o 27 e 30 de setembro falarase cos coordinadores dos proxectos preseleccionados para asegurar a proposta de organización do centro, o compromiso do equipo directivo co proxecto e solucionar as dúbidas que xurdan.

As conversas poden ser telefónicas ou presenciais no centro.

A plataforma para poder facer a solicitude e presentar a memoria é: http:// www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta

Para calquera dúbida ou problema no proceso pódese contactar con Mónica García Iglesias no CGAI - Filmoteca de Galicia: Correo electrónico: monica.garcia.iglesias@xunta.es Teléfono: 881 881 269 Enderezo: Duran Loriga, 10, baixo. 15003 A Coruña

Máis información sobre o programa Cidadanía Dixital: www.dieteticadigital.net