Convocada a participación no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020

Lun, 03/06/2019 - 11:33
Convocada a participación no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020

Resolución do 29 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional durante o curso 2019/2020.

Baixo o título Club de Letras, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca un novo proxecto de innovación educativa co obxectivo de potenciar o emprendemento, o pensamento crítico e creativo ma área das Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais.

Cada ano partirá dunha temática concreta sobre a que se fomentará a reflexión, a lectura crítica e a achega a novos materiais e perspectivas, abordada de xeito transversal.

Destinatarios: educación primaria, educación secundaria e bacharelato.

  • O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 30 de setembro de 2019.