Aviso para o profesorado que desexe solicitar comisións de servizos por motivos de saúde e sobre conciliación da vida familiar e laboral (2011)
Avísase a todo o profesorado do corpo de mestres que teña participado no concurso de traslados que a aplicación informática www.edu.xunta.gal/cadp está xa aberta para solicitar comisión de servizos por motivos de saúde e sobre conciliación da vida familiar e laboral, para os que desexen facer solicitude. O prazo de presentación de instancias é de 15 días naturais.
Para os participantes no concurso xeral de traslados dos corpos restantes de profesorado, o prazo é de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso no DOG.
Teléfonos de información: no servizo de Primaria no 981 544 482 e 981 544 488 no servizo de Secundaria no 981 545 255 e 981 545 407.
Correos electrónicos: persoal.primaria@edu.xunta.es ou persoal.secundaria@edu.xunta.es.
A solicitude e petición de centros realizarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.gal/cadp relacionada máis abaixo.
Nota aclaratoria para os solicitantes de comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral:
- Comisión tipo 1: un fillo menor de 3 anos
- Comisión tipo 2: dous fillos menores de 5 anos
- Comisión tipo 3: tres fillos menores de 10 anos
Convocatoria de comisión de servizo por motivos de saúde (DOG)
Corrección de erros da convocatoria de comisión de servizo por motivos de saúde (DOG)
Instrucións sobre a solicitude de comisión servizos por motivos de saúde
Orde do 28 de xuño de 2006: Conciliación da vida familiar e laboral (DOG)
Orde do 3 de maio de 2007 pola que se modifica parcialmente a do 28 de xuño de 2006 (DOG)