Aviso para o profesorado que desexe solicitar comisións de servizos por motivos de saúde e sobre conciliación da vida familiar e laboral (2011) [1]
Enviado por administrador a Ven, 03/06/2011 - 10:47Avísase a todo o profesorado do corpo de mestres que teña participado no concurso de traslados que a aplicación informática www.edu.xunta.gal/cadp [2] [3]está xa aberta para solicitar comisión de servizos por motivos de saúde e sobre conciliación da vida familiar e laboral, para os que desexen facer solicitude. O prazo de presentación de instancias é de 15 días naturais.
Para os participantes no concurso xeral de traslados dos corpos restantes de profesorado, o prazo é de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso no DOG.
Teléfonos de información: no servizo de Primaria no 981 544 482 e 981 544 488 no servizo de Secundaria no 981 545 255 e 981 545 407.
Correos electrónicos: persoal.primaria@edu.xunta.es [4] ou persoal.secundaria@edu.xunta.es [5].
A solicitude e petición de centros realizarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.gal/cadp [3] relacionada máis abaixo.
Nota aclaratoria para os solicitantes de comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral:
- Comisión tipo 1: un fillo menor de 3 anos
- Comisión tipo 2: dous fillos menores de 5 anos
- Comisión tipo 3: tres fillos menores de 10 anos
File: