G1802011 Xornada de atención educativa ao alumnado con enfermidade crónica

Xornada de atención ao alumnado con enfermidade crónica.
Ven, 16/11/2018 - 11:49
Atención educativa a alumnado con enfermidade crónica
Atención educativa a alumnado con enfermidade crónica

Esta xornada ten por obxectivos:

1.Coñecer e dominar as actuacións básicas na atención educativa ao alumnado con enfermidade crónica.

2.Favorecer as habilidades de apoio e titoría do alumnado con enfermidade crónica para o seu pleno desenvolvemento social.

3.Construír colaborativamente a atención ao alumnado con enfermidade crónica como unha responsabilidade comunitaria.

 

A actividade é exclusiva para profesorado que acredite a condición de voluntario na atención ao alumnado con enfermidade crónica.

Terá lugar  no CIFP Compostela o vindeiro 26 de novembro de 2018, de 09:30 a 20:00.