Título node Learning object

Convocatoria curso Prensa-Escuela
Ven, 09/11/2018 - 09:49
Convocatoria curso Prensa-Escuela

Prensa-Escuela impartirá os días 26, 27, 28 e 29 de novembro, en Santiago de Compostela, o curso para profesores Como traballar co xornal na aula.

As sesións de traballo, dirixidas polo pedagogo Jesús Garrido, desenvolveranse en horario de 18:00 a 21:00h na  Escola Galega de Administración Pública.

As presoas interesadas en inscribirse nesta actividade deben enviar un correo electrónico a prensa-escuela@lavoz.es e facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, centro educativo, DNI, dirección de correo electrónico e un teléfono de contacto. O prazo máximo de recepción de solicitudes finaliza o 20 de novembro.

Este curso, totalmente gratuíto, é homologable pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Máis información en: www.prensaescuela.es

Menús Learning object node R

Tema

Sección