Título node Learning object

12º edición do concurso de tradución Juvenes Translatores
Ven, 05/10/2018 - 14:11
Concurso Juvenes Translatores

Convócase a 12º edición do concurso de tradución Juvenes Translatores destinado aos centros de ensino da UE. Para participar deberán inscribirse na páxina web do concurso http://ec.europa.eu/translatores antes do 20 de outubro de 2018 ás 12.00h.  Entre as solicitudes efectuarase un sorteo ao azar para seleccionar aqueles que participarán no concurso. Os centros seleccionados elixirán entre dous e cinco alumnos concursantes e introducirán os seus datos na aplicación, xunto cos pares de linguas correspondentes.

A proba de tradución terá lugar o 22 de novembro de 2018. A Dirección Xeral de Tradución avaliará as traducións e designará unha gañadora por cada Estado membro.

Os gañadores serán convidados á ceremonia de entrega de premios en Bruxelas na primavera de 2019

Prazo de inscrición: ata o 20 de outubro de 2018 ás 12.00h.

Máis información: Bases do concurso

Menús Learning object node R