12º edición do concurso de tradución Juvenes Translatores [1]
Enviado por boletin a Ven, 05/10/2018 - 14:11Convócase a 12º edición do concurso de tradución Juvenes Translatores destinado aos centros de ensino da UE. Para participar deberán inscribirse na páxina web do concurso http://ec.europa.eu/translatores [2] antes do 20 de outubro de 2018 ás 12.00h. Entre as solicitudes efectuarase un sorteo ao azar para seleccionar aqueles que participarán no concurso. Os centros seleccionados elixirán entre dous e cinco alumnos concursantes e introducirán os seus datos na aplicación, xunto cos pares de linguas correspondentes.
A proba de tradución terá lugar o 22 de novembro de 2018. A Dirección Xeral de Tradución avaliará as traducións e designará unha gañadora por cada Estado membro.
Os gañadores serán convidados á ceremonia de entrega de premios en Bruxelas na primavera de 2019
Prazo de inscrición: ata o 20 de outubro de 2018 ás 12.00h.
Máis información: Bases do concurso [3]
Tema:
Sección: