G 1801002 Administración de infraestruturas de dominios baixo Windows

Curso do Plan Anual 2018-19
Ven, 21/09/2018 - 13:08
G 1801002 Administración de infraestruturas de dominios baixo Windows
G 1801002 Administración de infraestruturas de dominios baixo Windows

A partir do vindeiro 8 de outubro iniciarase un curso na Rede programado para profesorado da familia de Informática e comunicacións “Administración de infraestruturas de dominios baixo Windows“.

Os obxectivos deste curso inclúen :

1.Entender os elementos que compoñen un Servizo de Directorio (Active Directory) e implantalos empregando ferramentas de Microsoft.

2.Configurar escenarios complexos de servizo de directorio: Controladores adicionais, Servidores de arquivos, Subdominios, Sitios, Bosques, etc.

3.Xestionar usuarios e recursos mediante interface gráfica e liña de comandos.

 

A actividade estenderase durante 8 semanas, sendo a data de remate do curso o 2 de decembro. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que os titores propoñan. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que os titores establezan
Como é un curso na Rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=86981